jueves, 27 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Levamos un tempo desaparecidos por aqui pero o motivo da nosa volta é máis que xustificado.... A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO!

O pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro, e para esta cita tan sinalada no noso calendario traballarmos nunha proposta moi especial . Condensar a esencia dun libro dentro dun tarro!

Para a realización desta actividade o alumnado debería escoller un libro que lles gustase, seleccionar algúns dos seus elementos máis característicos e introducilos dentro dun bote. 

Os resultados deixáronnos ABRAIADOS!! Canta creatividade e coñecemento literario temos no Ría de Vigo! 

Deixámosvos a continuación unha pequena mostra do noso traballo:



 Recordade que podedes vivistar a nosa exposición coa vosa familia nas entradas da BiblioRía! 

E agora ... Cánto sabes de libros? Serás capaz de descubrir que libros están agochados nos tarros? Cántos títulos coñeces? Agardamos as túas respostas!


jueves, 23 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2022

 E xa para rematar este curso, deixamos unhas recomendacións lectoras para o verán para que poidades gozar destas estupendas lecturas